Sunday 19 de May de 2024

O Concello de Brión convoca os seus Obradoiros de Nadal, que terán lugar no CEIP de Brión e no local social da Luaña


O Concello de Brión convoca os seus Obradoiros de Nadal, dirixidos a rapaces e rapazas de 4 a 11 anos de idade e que terán lugar durante as vacacións escolares de Nadal. As inscricións están abertas ata o 16 de decembro na Casa da Cultura de Brión ou no 981 50 99 08.

Os Obradoiros de Nadal do Concello de Brión terán lugar ao longo de oito xornadas (do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro) e que se desenvolverán nas instalacións do CEIP de Brión e no local social da Luaña. O prezo por esas oito xornadas é de 30 euros, que se converten en 15 euros no caso dun segundo irmán ou irmá. O terceiro e seguintes irmáns ou irmás terán acceso totalmente de balde á actividade.